!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

venres, 15 de marzo de 2019

CONTA UN CONTO!



Dende o Equipo de Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega levamos a cabo a actividade de “Conta un conto” onde os protagionistas son os nenos e nenas de todo o cole. A actividade consiste en que os nenos dos cursos máis altos lles lean ou escenifiquen un conto aos nenos de toda a Educaión Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
Para que a Comunidade Educativa poida disfrutar desta animación á lectura decidimos deixar unha reportaxe videográfica de como son as sesións.
Os alumnos de 3º de Educación Primaria Adrián, Enzo e Mauro contáronlles o conto titulado “O sultán e os ratos “da Editorial OQUO ao alumnado de 5º de Educación Infantil. Mirade que ben o fixeron e que ben se portaron!!!!
Dani, Gael, Xoel de 3º de Educación Primaria Contaron o conto de “O gato Guille e os monstros” (editorial Kalandraca) aos alumnos de 1º de Educación Primaria. Que ben o pasamos!!!!
Hugo de 5º curso contou o conto de “Paco Papán” (editorial OQUO) aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil. Fíxoo xenial!!!!Os nenos e nenas disfrutaron moito!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario