!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

venres, 15 de marzo de 2019


 
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o Día de Rosalía que se ven celebrando a nivel de Galiza o 24 de febreiro, no noso cole fixemos diversidade de actividades.
En primeiro lugar, decoramos os murais, que foron decorados coas flores que fixeron os alumnos e alumnas de Educación Infantil, e os versos dos poemas “Inxustiza" e "Inxustiza pola man" de Rosalía de Castro, escritos por todo o alumnado de Educación Primaria.
Tamén se lle ofreceron unhas caras de Rosalía para que cada alumno/a a decorara ao seu gusto para facer unha chapa con ela.
O día da celebración, o 22 de febrero, todo o alumnado e profesorado levou a chapa de Rosalía na lapela. Para o comezo da celebración escoitamos o poema de "Adios ríos, adiós fontes" na voz de Amancio Prada para dar paso ao recital dos dous poemas anteriormente mencionados  a cargo do alumnado de 6º A e 6º B.

Para que vos fagades unha idea do bonito que quedou deixamos o enlace a este vídeo.
Tamén se pode observar no seguinte enlace que nos leva a Asociación de Escritores da Lingua Galega (AELG), que recolle o que fixeron os diferentes coles para celebrar o día de Rosalía, e entre os cales se atopa o noso.
https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2019/2/24/dia-de-rosalia-de-castro-2019
https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2019/2/24/dia-de-rosalia-de-castro-2019




Ningún comentario:

Publicar un comentario