!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

martes, 29 de outubro de 2019

martes, 1 de outubro de 2019

RESUMO PROTOCOLO BIBLIOTECA DE TARDE




Este ano entrará en marcha o Servizo de Biblioteca de Tarde no CEIP Plurilingüe San Vicenzo, a partir do día 8 de outubro.
Achégase un pequeno resumo do protocolo de utilización deste servizo:


  RESUMO PROTOCOLO DE BIBLIOTECA DE TARDE

1.    Ofértase o servizo de Bilbioteca de Tarde como espazo para a lectura, consulta, traballo individual…onde o profesorado de garda velará polo cumpriemto das normas e benestar dos usuarios.
2.    Os espazos ofertados son a Ludoteca, para 1º e 2º curso, e a Biblioteca para o alumnado dende 3º a 6º de primaria.
3.    O horario do servizo será de 15.30 ás 17:00 horas, con horario de saída tamén as 16:30 horas. Sairán sós soamente aqueles alumnos/as de 5º e 6º curso que teñen autorización para sair, os demais deben ser recollidos no portal polas familias.
4.    Como persoal de garda haberá 2 mestres cada tarde, que se organizarán para atender os dous espazos de maneira rotatoria. Establecerase un calendario mensual de gardas para que todo o profesorado realice as gardas o día correspondente.
5.    As solicitudes para facer uso deste servizo ofertaranse ao inicio de curso, nos prazos establecidos polo centro.  Ao longo do curso admitiranse solicitudes con xustificación e sempre que queden prazas vacantes nos días solicitados.
6.    No caso de que o número de solicitudes supere o número de vacantes ofertadas a selección do alumnado farase mediante sorteo no Consello Escolar do Centro.
7.    No caso de que un alumno/a teña máis de 4 faltas sen xustificar, contemplarase a posibilidade de dalo de baixa no servizo.
8.    Exisirase o cumprimento das normas básicas establecidas no Plan de Convivencia do Centro.
9.    É obrigatorio avisar se un neno/a vai faltar o servizo de biblioteca entre ás 9:00 h e 9:30 h ao centro, no caso de que non se avise os nenos/as de bus quedarán baixo responsabilidade do centro ata a hora solicitada pola familia. Os nenos/as que van a casa andando deben ser recollidos ás 15.30 de non facer uso do servizo ese día.

mércores, 28 de agosto de 2019

COMEZA O CURSO 2019 - 2020!

O vindeiro mércores 11 de setembro darán comezo as clases para o curso 2019-20. A xornada deste primeiro día será de 10.00h a 12.00 horas.

BO COMEZO DE CURSO 2019-2020 A TODOS!

mércores, 26 de xuño de 2019


 

OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS



Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos levar a cabo un proxecto que tratara de introducir os oficios tradicionais galegos da nosa terra.

Todos os cursos implicaronse moito deixando traballos tan interesantes como os que se poden ver neste enlace. 



 https://www.youtube.com/watch?v=Xr1uvfsqinc


Noraboa alumnos e alumnas polo voso traballo!!!!

mércores, 29 de maio de 2019

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS! VAIA FESTA MONTAMOS!





Este curso celebramos O Día das Letras Galegas con diversas actividades ao longo do mes de maio, para dar a coñecer ao autor homenaxeado Antón Fraguas Fraguas.

Cada aula traballou unha unidade didáctica, realizamos unha maqueta con cartulinas simulando un libro aberto na que se recolleu de forma visual algo característico da obra do autor. Esta actividade serveu para decorar o centro.

Para a celebración do día fixemos unha presentación da vida do autor e algunhas cantigas narradas por algúns nenos e nenas do cole.

Si queredes ver o bonito que quedou, podedes ver o video pinchando neste enlace.




Despois de ler as cantigas do autor, dispuxémonos a bailar dúas cancións populares, A pulga e a mosca do autor Antón Fraguas e O xogo da carrasquiña. Para rematar con esta celebración vivimos unha auténtica foliada na que algúns nenos e nenas nos deleitaron con algunhas muiñeiras. Pasámolo en grande!!!!

Si queredes ver o ben que o pasamos entrade neste enlace que resume a perfección como se disfrutou nesta tarde.