Este ano entrará en marcha o Servizo de Biblioteca de Tarde no CEIP Plurilingüe San Vicenzo, a partir do día 8 de outubro.
Achégase un pequeno resumo do protocolo de utilización deste servizo:
RESUMO PROTOCOLO DE BIBLIOTECA DE TARDE
1. Ofértase o servizo de
Bilbioteca de Tarde como espazo para a lectura, consulta, traballo
individual…onde o profesorado de garda velará polo cumpriemto das normas e
benestar dos usuarios.
2. Os espazos ofertados son a Ludoteca,
para 1º e 2º curso, e a Biblioteca para o alumnado dende 3º a 6º de primaria.
3. O horario do servizo será
de 15.30 ás 17:00 horas, con horario
de saída tamén as 16:30 horas. Sairán sós soamente aqueles alumnos/as de 5º e
6º curso que teñen autorización para sair, os demais deben ser recollidos no
portal polas familias.
4. Como persoal de garda
haberá 2 mestres cada tarde, que se organizarán para atender os dous espazos de
maneira rotatoria. Establecerase un calendario mensual de gardas para que todo
o profesorado realice as gardas o día correspondente.
5. As solicitudes para facer uso deste servizo ofertaranse ao inicio de curso, nos prazos establecidos polo centro. Ao longo do curso admitiranse solicitudes con
xustificación e sempre que queden prazas vacantes nos días solicitados.
6. No caso de que o número de
solicitudes supere o número de vacantes ofertadas a selección do alumnado
farase mediante sorteo no Consello
Escolar do Centro.
7. No caso de que un alumno/a
teña máis de 4 faltas sen xustificar,
contemplarase a posibilidade de dalo de baixa no servizo.
8. Exisirase o cumprimento das
normas básicas establecidas no Plan de Convivencia do Centro.
9. É obrigatorio avisar se un neno/a vai faltar o servizo de biblioteca
entre ás 9:00 h e 9:30 h ao centro, no
caso de que non se avise os nenos/as de bus quedarán baixo responsabilidade do
centro ata a hora solicitada pola familia. Os nenos/as que van a casa andando
deben ser recollidos ás 15.30 de non facer uso do servizo ese día.