!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

martes, 21 de maio de 2019

MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA



 MÉRCORES, 15 DE MAIO DO 2019





Hoxe non é un bo día…
Cando oímos noticias similares na tele , vémolo como algo alleo a nós, que nos queda lonxe.
Pero hoxe... hoxe tócanos de cerca e non temos palabras para describir como nos sentimos.
A Comunidade Educativa do colexio san Vicenzo quere amosar a súa repulsa a este novo acto de violencia machista.

Todos estamos con Montse, coa súa familia e amigos, e sobre todo, cos seus fillos, que foron compañeiros nosos.
E que esta lacra remate xa, queremos vivir en paz.

NIN UNHA MÁIS!
NIN UNHA MENOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario