!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

venres, 12 de abril de 2019

RECREOS MÁIS DIVERSOS

Neste curso intentouse conseguir que o alumnado participara en máis deportes e xogos que non fosen o fútbol. Ademais do gran traballo da especialista de ED. Física, Patricia Piñeiro, que optou por promocionar deportes como o bádminton, o baloncesto... propúxose limitar as zonas dedicadas ao fútbol, deixando 3 zonas reservadas como campo de fútbol, unha para cada ciclo. Ademais, para xogar ao fútbol, só usan neste momento os balóns do colexio, máis blandos, e non se permite que traian da casa pelotas de coiro duro, que provocaban accidentes continuos, con golpes que nalgún caso provocaron que algún rapaz tivera que recibir asistencia médica; por outra banda, o tema dos balóns propios era unha fonte constante de conflitos, dado que non se lles permitía xogar a todos .
En resumo, observamos que os nenos e nenas volven a xogar no patio a xogos libres que practicamente estaban desparecidos: mariola, pañuelo, baloncesto... o cal nos produce unha gran ledicia

https://youtu.be/B9qMI7b9JqA

Ningún comentario:

Publicar un comentario