!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

xoves, 17 de xaneiro de 2019



 
NADAL


Para celebrar á benvida ao Nadal, desde o centro realizamos diversas actividades.
Unha delas foi a de decorar o centro con manualidades feitas polo alumnado coa colaboración das familias. Aquí vos deixamos un pequeno video do bonitas que quedaron. Moitas grazas pola colaboración!!!


Tamén tivemos a visita de Papá Noel ao cole, na que foi aula por aula para falicitar aos nenos e nenas o nadal, e darlle un pequeno agasallo
Neste enlace poderedes ver a presentación fotográfica do alumnado de Educación Infantil con Papá Noel.
Tamén fixemos fotos co alumnado de Educación Primaria. Si pinchades neste enlace podedes ver o ben que o pasaron.
Tamén nos gustaría agradecer a colaboración da ANPA na chocolatada con churros que ofreceron para todo o alumnado. Estaba todo riquísimo!!!!


Todo o equipo docente deséxavos un feliz e próspero ano 2019!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario