!-- HTML Codes by allblogtools.com -->

martes, 9 de outubro de 2018

Hai un libro que é moi especial, que poucos coñecedes, que conta a vida dun neno labrego, moi diferente da que vivides hoxe en día... pero que podedes compartir cos avós e avoas, eles si que van saber sobre a vida de Balbino porque a maioría vivírona na súa infancia.
Comenza así: "Eu son... BALBINO. Un rapaz da aldeia, un ninguén. E ademàis probe. Porque da aldeia tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa...". Fríos, calores, traballos, erguerse cedo, probeza... "Qué saben desto os nenos da vila!"."
Lede o libro e ide preguntando aos vosos maiores, igual levades unha sorpresa cando vexades canto se parecen.
O libro foi escrito por Xosé Neira Vilas e publicado no 1975.
E o mellor de todo: haino na Biblioteca do colexio e na Municipal. Lectura gratis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario